Remata o segundo ciclo da Escola de Teatro de Narón, e unha vez máis, coma sempre, e sempre agradecido, fun invitado a presenciar os traballos dos alunos e alunas e o agasallo do profesorado, deste novo fin de curso, o primeiro fora da escola. Sempre un pracer unha noite de teatro, risos, emocións… pero non vou falar dos traballos expostos, ou da abundante cea de palabras e empanada engalanada co falar dos corpos e as emocións existentes. Gostaría de agradecer a grata re-acollida que me brindáchedes cun poema, ou polo menos vou tentalo con todo o meu espirito, e dedicalo a todos e todas, moi en especial para Flor, esa…como describila… ese indescriptíbel ser de ialma credora do mundo (canto envexote por iso miña querida amiga e compañeira teatreira, espero cá vida non te esgote o suficiente para descrer de todo no que se debe crer). En fin, aquí vola deixo, xunto cun par de enlaces para quen queira optar por probar neste tolo, inxusto, agradecido, perdido, medicore, grandioso,, hipócrita, xeneroso, sabio, imaduro, tenro e preguiceiro mundo…do teatro.
Verxel de espiñas entrelazas ferindo un exercito de rochas paseantes
Enuncian conversas absurdas coa morna terra na que crecen
Matos abafantes de maquiavélicos desexos recebin agarimos do Sol.
Olgas sen vida de froitos futuros contemplan con secas bagoas,
Noites de luz eléctrica que acenden a escuridade do firmamento.
Obrigadas augas de follas preguiceiras, vagando nun ar pesado e denso
Salpican Nobreza e Humildade con pequenas pingas de ardente brasa.
Nada inexistente que nos adopta coma mundo do seu ser,
Omega queres bautizar o noso espirito emprendedor
Cecais está en nos o sabor das cousas que alumean
Afables herbiñas errando nas sombras dos matos
Movendose o compás da palabra e do xesto
Improvisando contos que serán contados
Nos invernos máis crus de chamineas frías.
Humildade e Nobreza aferradas en agarimos,
Ovacionadas por un mundo que aplaude contento.






