
Posibilidades
Febreiro 26, 2007Hoxe as probabilidades de chuvia no norte son moi baixas, alternaran as nubes e claros…e logo vai e che neva. A vida parece ser un continuo ir e devir de posibilidades, polo menos a vida que nos inventamos…teño moitas posibilidades de que me contraten a semana que ven… que poucas posibilidades tes con esa rapaza!…non hai posibilidades eles teñen mellor equipo…as seis e medía estou alí! (isto sempre é probable, non?)…que pouco adiviños e adiviñas somos, todos son posibilidades, non hai certeza alguna…se maña vou ir a clase?, pois non sabería dicirte, hoxe me apetece pero quizais maña pola maña cando esperte non teña o corpo nin a cabeza para erguerme, é que non sei como vou a estar dentro dun segundo, un minuto, unha hora…un maña, comigo mesmo….o mundo é unha esfera…si?…foi plano, redondo, por capas…e nada, cando nos non existiamos, nada era, porque non existían as nosas mentes que ven as cousas a súa maneira e tanto cambian de opinión…maña poderemos ver o que hoxe non vemos…como agora vemos o que hai séculos non se podía ver, e o mundo trocou e trocara de forma…pero para, estoume a por demasiado metafísico filosófico, en fin algo pedante para estas horas…e isto vai de posibilidades e as posibilidades de aburrir son altas..como dicía, somos ben malos e malas adiviños e adiviñas, nada sabemos con certeza algunha, aínda que na nosa cabeza teñamos miles de certezas, e incluso se maxinamos e pensamos, nada sucede tal e como pasa no noso maxín…porque o final entre sol e auga, vai e che neva. O único que podemos facer é intuír, e as veces acertamos e outras nin dándolle mil voltas o asunto.
So sabemos unha cousa con certeza, unha soa que nos fai ser neste planeta, os supostos únicos coñecedores do noso final, e mentres polo camiño a pensar posibilidades do desenrolo do noso conto chamado vida… unha ultima paxina que leva escrita o titulo e que fainos sentir os seres máis tristes de todo este planeta…si claro, falo da morte… ca maioría non desexa, e que a outros e outras lles fan desexar. Pero aquí estou, e maxino as posibilidades, miro pola xanela e outeo as nubes, non chove, pero está gris o día así que non prometo nada, e máis sabendo que esta maña andaba a caer auga do ceo…posibilidades de chuvia altas, posibilidades de morte, o tempo non volta, crecen cada segundo… posibilidades de sorrir hoxe…haber como ven o día.
