Quero imaxinar unha lúa inmensa, onde escintilen os soños, para que reflictan a sua forza nun mar tranquilo onde poder soñar xuntos e xuntas.
Quero escoitar o que so oio, para que cada verba sexa a paixón das vosas emocións e imbúan ó meu ser dun espírito renovador.
Que palpar beizos e peles, de silencios e suavidades e, entre cada curva atoparme cos misterios que se pechan tralos nosos escudos
Quero mirar ollos que me contemplen, de fulgor que me enamore, e sen pálpebras que rompan por un segundo a cor das nosas ialmas.
Quero ser ti, ser vos, ser todo e nada por un instante, transportándome a mundos que nunca imaxinei, que detesto ou soño, nos que vivir unha aventura momentánea.
Quero luces que iluminen os meus pasos, cos apaguen e acendan, cos oculten e os mostren o mundo enteiro.
Quero frases distantes, de míseras conciencias, de bondades eternas, que saiba sen eu ser, facervos comprender.
Quero grito e silencio, pranto e sorriso, dor e alegría, que che fagan soñar, pensar, sentir, vivir.
Quero inconsciencias conscientes de futuros coñecidos, que non perdan a frescura do vivir dun presente.
Quérote Teatro, quérote sempre.

