h1

Ben Querido.

Marzo 9, 2007

Quero imaxinar unha lúa inmensa, onde escintilen os soños, para que reflictan a sua forza nun mar tranquilo onde poder soñar xuntos e xuntas.
Quero escoitar o que so oio, para que cada verba sexa a paixón das vosas emocións e imbúan ó meu ser dun espírito renovador.
Que palpar beizos e peles, de silencios e suavidades e, entre cada curva atoparme cos misterios que se pechan tralos nosos escudos
Quero mirar ollos que me contemplen, de fulgor que me enamore, e sen pálpebras que rompan por un segundo a cor das nosas ialmas.
Quero ser ti, ser vos, ser todo e nada por un instante, transportándome a mundos que nunca imaxinei, que detesto ou soño, nos que vivir unha aventura momentánea.
Quero luces que iluminen os meus pasos, cos apaguen e acendan, cos oculten e os mostren o mundo enteiro.
Quero frases distantes, de míseras conciencias, de bondades eternas, que saiba sen eu ser, facervos comprender.
Quero grito e silencio, pranto e sorriso, dor e alegría, que che fagan soñar, pensar, sentir, vivir.
Quero inconsciencias conscientes de futuros coñecidos, que non perdan a frescura do vivir dun presente.
Quérote Teatro, quérote sempre.

null

2 comentarios

  1. “O seu templo é o universo, cos seus mares,os seus montes, as suas cidades,os seus ceos azuis ou grises e os seus planetas.
    A súa orquestra son os sopros feroces e suaves dos catro ventos,o estrondo do trevón,os chirridos das rochas (…)
    As súas torres inconquistábeis son de cartón pedra, e o hacha que as ataca ou o obús que as fura son xoguetes infantís. Pero a man que sostén estes xoguetes é a man do home electrizada por fermosos versos. E o corazón que se lanza ao asalto latexa tan ardente e precipitadamente como se se tratase de correr contra o verdadeirao inimigo.
    E para o público que está aí, vibrante, ansioso, nervoso e transportado, a torre é de pedra labrada, o ceo é o negro ceo, povoado por milleiros de cravos dourados”. (…)
    Sarah Bernhart

    Este é un anaco dun texto que nos deu Flor,e que a min me parece moi bonito, e recordoumo o teu, que por certo gustoume moito… por esa maneira de sentir o teatro e de querelo tanto, que se ve en ambos os dous textos, de formas distintas.
    Un biko enorme ***


  2. Grazaaaaaaaaaaaaaaaaaas!…non coñecía o texto, pero grazas por publicalo, paréceme marabilloso, se os tes completo tes que pasarmo…xDDDDDDDDD
    Moitooooooooooos bikoooooooooooooooooooooooooos!!!!



Deixa un comentario