h1

Agradecementos

Abril 13, 2007

Fai tempo que non publico por aquí, en verdade fai tempo que non publico, pero hoxe quería agradecer as únicas dúas participantes no “Xogemos!” (o cal por razón obvias tiven que suspender), en fin, creo que se merecen no so me agradecemento, se non a publicación dos seus textos, neste caso dúas fermosas poesías, neste blogue.
Aquí volas deixo, infinitas grazas por compartir as vosas palabras tanto a Lobeliae como Nicte.

SEN TITULO. (Poesía escrita por Lobeliae)

Bonito espazo aberto
cara o universo
das olladas eternas
lúas solitarias
invisibles sen estrelas
móviles.

SEN TITULO (Poesía escrita por Nicte)

Teño o corazón violeta de saltar dun a outro abismo,
de correr tras do nada
perseguindo vaguidades condenadas a empodrecer
nunha liña interminábel.

Déixame pintar de novo a máscara
para crear unha harmonía coas circustancias,
que mudan e aparecen e marchan con fúria.

Sigo correndo, emprendo o novo camiño.
Soterro as pedras entre saloucos,
cubro cun veo os sucos libres que me quedan
e que me alentan cara o golpe.
Procurando o rexurdimento.
Afundindo o pé no meio,
con medo de afogar nos arrabaldos murchos sen saída
que me chaman, que me berran, que me humillan.

Hoxe abro a man,
xogan as liñas formando figuras aéreas.
O corazón en diástole exhala sangue violeta,
libre e sen mágoa o sosteño, mais anegada no incerto.
Bandadas de pedras emprenden a loita polo refuxio baleiro do meu peito.

Deixa un comentario